Paco Martín e Daniel Puente Bello son os artífices deste libro de relatos que publica Xerais: De paraugas presenta a orixinalidade da escritura dos textos a partir das fotografías dun elemento tan importante na nosa cultura como é o paraugas. E arredor deste elemento, o autor vai tecendo diversas historias, algunha verdadeiramente magnífica, que nos lembra que a súa presenza forma parte da nosa vida cotiá. Non en todos os relatos sabemos dende un principio a comunicación entre imaxe e texto, pero en todas haina, dun xeito ou doutro.
Este era, quizais, o país da choiva noutro tempo, neste outono tan seco -despois dun verán tan caloroso onde os incendios protagonizaron a nosa vida estival- e así queren constatalo os autores, que recrean diferentes posibilidades de uso... ou de comercialización. Un exercicio literario onde o paraugas é sempre o protagonista non humano arredor do cal xira a vida humana, ou a que tenta selo. Porque hai algún relato ben conmovedor!
Sen comentarios
Publicar un comentario