Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

21/10/16

El Museo de Tronquito



Ashild Kanstak Johnse é a artífice deste álbum publicado por Nórdica: El Museo de Tronquito. Un libro que nos convida a pensar como se fai un museo, a orde que deben ter, para que serve... aínda que dende un punto de vista infantil, e falando dun museo feito coas pezas que recolle un neno nos seus paseos polo bosque. Un museo é un desafío, queda claro, e provoca cansazo, sobre todo se é moi grande. E é que antes de abrir as portas ao público, hai que traballar oito: poñer nomes, clasificar, colocar... miles de cousas ben ordeadas en lugares visibles. O peor é cando hai tantas e tantas cousas que amosar: pedars, paos, cromos, papeis... Poderemos pasar moito tempo contemplando as ilustracións e procurando todo tipo de obxectos para clasificalos no noso maxín. O libro dá moito xogo; mesmo se poden compoñer franse nas que nomear obxectos da páxina para atopalos. Así que é unha ferramenta ben divertida para nenos e nenas. E isto é posible grazas a unhas ilustracións exactas, minuciosas, que dan este tipo de oportunidade de xogo e busca, e mesmo entre as árbores do bosque agochánse obxectos e personaxes que deberemos observar.
Información e xogo reunidos nun álbum ilustrado.



Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.