Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/10/16

Jane, el zorro y yo


Impresionante este cómic que publica Salamandra de Isabelle Arsenault e Fanny Britt: Jane, el zorro y yo é un libro que merquei para a biblioteca cando souben que trataba o tema do acoso escolar ou bullying. Pero cando o vin, namoroume só por fóra, xa que a nivel visual o libro é fantástico. Por suposto, non tardei en devoralo, e emocionoume ver como é tratado un tema tan delicado e como consegue a autora cambiar o argumento para que este sexa unha historia de valentía, de perseverancia, de amor á Literatura (a capacidade que esta ten para evadirse, para axudar a reflexionar, para descubrir novas formas de pensar, para chegar a crer na esperanza); mesmo, de amizade.
Diciamos que destaca a nivel visual, e nisto inflúe moito o uso da cor, xa que cando fala do libro as páxinas tornas alegres, esperanzadoras, fuxindo do gris de case todo o libro -coma o sufrimento da rapaza- e a cor do raposo, así como o fina, cando dá un xiro a vida da nena.
Un cómic para ter e para ler, para achegarse a el e gozar, para deixarse levar pola poderosa melancolía dos seus trazos. Pero tamén para mirar a esperanza de cara. Eu, como educadora, creo nela. 




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.