Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

16/10/16

La princesa del Sol

David Grossman e Michal Rovner crean La princesa del Sol, publicado por Sexto Piso, un conto para todas as idades sobre a maxia do día e da noite, sobre un fermoso segredo, unha raíña e unha princesa que o serán por un día para espertar o sol e que este asolague de luz todos os lugares, ata os máis recónditos. Xa falaramos un día de El abrazo, dos mesmos autores, e este libriño vén sendo unha continuación case, onde nos paseamos por un universo habitado tan só por estas dúas protagonistas, un universo minimalista coma o libro pero que ten un encanto especial, xa que do que trata o relato é da maxia que nos proporciona o paso do tempo, imparable, a noite despois do día, día tras día, noite tras noite, ambos contrarios que se necesitan mutuamente e que se complementan. E ao mesmo tempo, como fixera no libro anterior, a especial relación que se establece entre esta nai e a súa filla, un intimidade creada por un diálogo poético.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.