A autora crea un universo de personaxes femininos, tal como
demostra o título: estes serán unha referencia pero non terán vida
propia. E neste universo todos os planetas están representados: a
vellice, a adolescencia, a nenez...; nestes estados hai subversión,
inseguridade, xogos... O sol ao redor do cal xiran todas elas será a
protagonista, a muller moderna que despois dunha transitoria loucura
saberá poñer distancia aos sufrimentos e teorizará ironicamente sobre as
diferenzas entre home e muller. Ironía e humor sutil que a autora mesmo
conxuga con algúns debuxos "iluminativos" e poemas que se pechará nunha
novela liberadora e doce que vos encantará, mestura de erotismo,
vitalidade e feminidade.
Un estímulo cheo de ironía na nosa lingua.
Sen comentarios
Publicar un comentario