Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/11/16

Me llamo Lucy Barton

En Duomo ediciones podemos atopar este libro de Elizabeth Strout titulado Me llamo Lucy Barton que tanta sona ten e que a min, non podía ser doutro xeito con tanta expectativa creada, defraudoume. Está ben, conste, pero o xeito da narración resultoume demasiado fría para o contido que nos propón. Recoñezo que nesa friaxe radica asemade o seu éxito e o seu valor, pero non me acaba de convencer esa desmedida distancia que é capaz de asumir a narradora protagonista con respecto de si mesma e de todo canto lle está a acontecer. Esa estraña relación coa súa nai e os diálogos que manteñen, esa estraña relación co marido que apenas a vai ver... non sei; resulta ata de incómoda lectura. Porque semella que tan só quere indicar sentimentos, apuntalos e non profundar neles; encadea anécdotas sen deterse nelas, pinta velados rasgos do cotián; ou sexa, parec ofrecernos así un mundo imperfecto e inacabado. E si, é así. Pero non consegue chegar ao corazón lector por esa frialdade que amosa continuamente. Aínda que, de seguro, esa é precisamente a opción escollida.
Por iso coido que non brilla, que non emociona, que non chega.
Recoñecendo que é unha boa novela.

Éramos raros, los de nuestra familia, incluso en aquel pueblecito minúsculo de Illinois, Amgash, donde había otras casas destartaladas y que necesitaban una mano de pintura o unos postigos o un jardín, sin ninguna belleza en la que reposar la mirada. Las casas estaban agrupadas en lo que era el pueblo, pero la nuestra no estaba junto a ellas. Aunque se diga que los niños aceptan sus circunstancias como algo normal, Vicky y yo comprendíamos que nosotros éramos diferentes. Los demás niños nos decían en el patio de recreo: «Vuestra familia da asco», y echaban a correr apretándose la nariz con los dedos. A mi hermana le dijo su maestra de segundo –delante de toda la clase– que ser pobre no era excusa para llevar porquería detrás de las orejas, que nadie era demasiado pobre para comprarse una pastilla de jabón.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.