Dende Carta Xeométrica chegamos a esta nova marabilla do IES Chapela:
En menos de 15 minutos 120 persoas puxémonos de acordo para berrar alto
e claro a todo o país que O GALEGO NON PARA, e que non estamos
dispostos e dispostas a que a nosa lingua se conxele como un obxecto de
museo. A música, o baile, a literatura, a xeografía, o pensamento, a
gastronomía, o deporte, a chuvia… no marco dos muros dun instituto
cuberto de Rosalía, Castelao e Celso Emilio, para dicirvos a todas e a
todos con humor, mais en serio, que SEMPRE EN CHAPELA, SEMPRE EN GALEGO.
Sen comentarios
Publicar un comentario