Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

06/11/16

París en Pijamarama

Moito me gustan estes libros-xogo que a editorial Kalandraka ten a ben ofrecernos! Michaël Leblnd e Frédérique Bertrand son os artífices deste París en Pijamarama, que continúa a saga iniciada con títulos como “Nueva York en pijamarama” que inclúen a técnica do "ombro cinéma", un pequeno teatro de sombras chinesas cun rollo de papel que xiraba detrás dunha lámina impresa nunha pantalla transparente. Así conseguimos a ilusión do movemento, e con ela pasearomos por París mentres a xente dorme, subiremos á Torre Eiffell, daremos un paseo en barco polo Sena e explotaremos fogos artificiais con cada monumento, símbolo da ledicia que supón poder xogar mentres imos de páxina en páxina e abraiámonos coa cantidade de tráfico que percorre rúas e estradas da gran cidade.









Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.