Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/11/16

Una detective inesperada

A editorial Siruela é quen nos trae esta intrépida moza dos anos 20 en Australia: Una detective inesperada está escrita por Kerry Greenwood e é a primeira entrega dunha serie que ten a unha detective glamurosa e divertida (humor inglés) como protagonista. Novela onde hai mulleres que naqueles anos posuían o don de ser independentes, a pesar da sociedade, que non se deixaban rexer polas normas impostas e que son sumamente intelixentes. É a mellor parte da novela, tanto a protagonista, unha rica herdeira que sabe o que é a pobreza , moderna, quen goza de conducir coches a alta velocidade e mesmo avión, que ten pistola para protexerse, que non necesita ser nai nin esposa, resulta un personaxe atractivo e desenfadado. A personaxe da doutora, feminista e sufraxista, é marabillosa. Pero resulta que os personaxes masculinos tamén teñen un aquel estupendo, xa que os dous taxista antisistema tamén namoran. Ao redor destes protagonistas, unha sociedade "ben" que resulta do máis estrafalario.
Agora ben, a pesar do título, non pretendades ler unha novela negra. Cando menos, non moi negra, xa que o que temos na man é unha novela cun personaxe aristocrático que decide investigar mentres nos entretén.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.