Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/12/16

A meniña de LIBROS

Cando o vin por primeira vez, estaba nun escaparate dunha libraría de Santiago. Era noite e estaba pechado. Pero tan pronto o vin, só co título, souben que a editorial era Patas de peixe. Non me preguntedes o motivo, pero sóubeno. E iso que de nada informa esta portada, agás do título. Claro que unha portada como esta, con ese título, cun libro e unha chave, é máis ca suficente, non credes? Así que o libro conquistoume dende xa. Tamén teño que dicir que eu son unha facilona, deseguida namoro. Tampouco é que cumpra moito máis...
EStou a falar dun álbum de Oliver Jeffers e Sam Winston titulado A meniña de LIBROS, que vén a ser como unha homenaxe a toda a Literatura, xa que o libro transcorre por un mar de palabras que atravesan contos de fadas e montañas fantásticas, aventuras que só podemos atopar nos libros ou que só viven algúns escollid@s... todo aquilo que un libro nos proporciona está resumido aquí, nestas páxinas cheas de letras que forman paisaxes tipográficas nun abraiante poema de fomento de lectura.
Si, un deses álbums tesouro que temos nos andeis... 







2 comentarios:

Xela dixo...

Como non comezar o ano relambendo agasallos e agradecendo á xente que comparte tantos momentos agradábeis contigo. Imposíbel non lembrarte Gracia e Anxo, imposíbel...
Hai unha pequena curta da que gosto moito e non atopei no voso blog (raro...jajaj), mándoche enlace por se non coñecedes.
Moitas apertas e beixos , moitas...para que sigades compartindo tanta xenerosidade e horas....
estímovos moito.


non sei porque non poido pór enlace pero mándovos info:
É DO FACE DE "TU CLASE, TU PAIS" De Santiago de Chile. A curta
http://alike.es/ de Daniel Martínez Lara e Rafa Cano Méndez

Ronsel dixo...

moitas grazas, tomamos nota!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.