Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/17

As pescadoras

Magnífica proposta a que nos fai a editorial Kalandraka con este álbum de Nadia Menotti: As pescadoras, mención do xurado do VII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado. E non estraña esta mención, porque o libro chama a atención pola súa proposta ilustrada, un xeito visual diferente ao que se acostuma, xa que ao longo das súas páxinas comprobamos como os personaxes están son esculturas realizadas con madeira ou con aramio, ao que se lles engade tea para seren vestidas, preméndoas de orixinal vida.
O texto, adaptado por Xosé Ballesteros dun contro tradicional da India, chama a atención pola reivindicación e o respecto que nos propón nun xogo de espellos coa sociedade que nos guía por un camiño establecido: sempre pensaremos que as flores ulen mellor ca o peixe; ou non? Agora, a inercia do pensamento cambia para nos cuestionar este ou outros aspectos mentres se nos fai fincapé no valor do traballo en equipo pero tamén da indispensable solidariedade social.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.