Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

25/01/17

Chucrut

Na editorial Salamandra podemos atopar este cómic de Anapurna: Chucrut gustoume menos do que pensaba, xa que coido que pretende máis do que dá, no sentido que de ao principio non pasa nada, non hai tensión, é unha moza que quere ir a Alemana a formarse e alí non topa ningún problema, nin lingüístico (cando mendos non se fai fincapé nisto) e que logo unha vez que este "problema" se presenta, desevólvese deseguida pois todo era unha aparencia e chegamos de xeito precipitado ao final. Quizais este maxín sexa o máis interesatne do traballo, porque serve para informarnos da inestabilidade emocional desta moza que vén de perder a seu pai, o que axuda a reflexionar sobre os sentimentos que nos produce a perda dun ser querido.
Pero ao mesmo tempo ten cualidades, xa que o espazo que se lle dá aos recordos, á memoria, é importante, e con esta parte estamos ante un cómic intimista que fala do medo ao descoñecido e da capacidade de fabulación que a nosa mente nos agasalla cando non sabesmos a que aternos.
Tamén me gustou a utilización que fai das cores e do debuxo para dar máis eficacia ao relato.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.