Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

09/01/17

El comisario Bordelli

Marco Vichi é o autor desta novela negra publicada por Duomo, El comisario Bordelli. Non acabou de me encantar, aínda que precisaba un libro para fuxir e non o topei, aínda que é entretido, posto que o personaxe principal -introdutorio dunha serie de libros que contan con el como protagonista- rememora continuamente o seu paso pola Segunda Guerra Mundial e a súa infancia, o que lle dá a unha trama de investigación un ar diferente, deixando que esta pase a un segundo plano en moitas ocasións e coido que realmente o autor non lle quere dar importancia, posto que ao ser o primeiro libro dunha serie dáme a impresión de que a finalidade é presentarnos o personaxe e todos aqueles que o rodean (case todos homes, por certo, e a cada cal máis peculiar) aínda que non sei como serán os seguintes da serie nin se seguirá profundando na psicoloxía do personaxe ou se dará maior relevancia á trama. Asemade, o argumento que dá paso a que sexa unha novela negra resulta bastante predecible e pouco atractivo, aínda que hai un punto interesante e sorprendente na resolución.
Haberá que ler, ou non, algún máis desta serie para saber se cambia a orientación e se paga a pena realmente.





Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.