Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

24/01/17

El mar y la serpiente

Paula Bombara é a autora deste libro publicado pola editorial Milenio: El mar y la serpiente. Un libro fermoso, necesario, sobre a ditadura arxentina pero que poderiamos situar en calquera outro lugar con similar sufrimento: o inexplicable. 
O libro fala dunha nena que é demasiado pequena para entender o que ocorre, pero sabe o que é sufrir, e ao longo do libro segue a se facer preguntas que non obteñen respostas porque esta é imposible. Con ela compartimos o medo e a dor, o sufrimento deixa de ser alleo para achegado onda nós, e tentar comprender a maldade do ser humano en determinadas circunstancias, pero tamén queremos facernos partícipes da dor que provoca ese mesmo ser humano. 
Pero como humanos que somos necesitamos as palabras, esas que deben contarnos o que acontece, esas que serven para falar dos nosos sentimentos. Esas que serven para comunicarnos e pretender entendernos.
Un libro necesario, si, como di Gemma Lluch, por ser un libro de boa literatura cun estilo diferente que é quen de pór en poucas palabras unha fervenza de sentimentos.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.