Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/01/17

Los árboles se han ido

A editorial Nórdica publica esta antoloxía de Federico García Lorca con ilustracións de Mo Gutiérrez Serna: Los árboles se han ido publícase no 80 aniversario do se asasinato. Este libro recolle poemas escritos e publicado entre 1921 e a fin da súa vida, dos títulos Libro de poemas (1921), Suites (1923), Poema del cante jondo (1921), Canciones (1927), Primer romancero gitano (1928), Poeta en Nueva York (1930), Diván del tamarit (1936), Seis poemas galegos (1935) e Sonetos de amor oscuro (1936), ademais dalgúns poemas soltos. Son vinte textos escollidos por Juan Marqués, dando voz a todas a voces do poeta, con todas as sáus variedades, dende o amor ata a política, dende a revolución ata a infancia. E a carón dos versos sempre inesquecibles están as ilustracións cheas de cor e de rotundidade para aportar un novo goce á poesía.






Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.