Laura Pérez e Pablo Monforte son os autores de Náufragos, cómic que publica Salamandra. Unha historia a dúas voces, a dous tempos, a dúas cores, a dous espazos. Dúas vidas que se cruzan, dúas vidas cotiás calquera, dúas vidas que sobreviven neste noso mundo de crise perpetua. E diciamos dúas cores porque estas representan os tempos e os espazos: o Madrid ocre, o pasado, a calidez; o Barcelona azul, o presente, a friaxe. Dous protagonistas universais que representan unha xeración e que falan de soños, de amor, de desamor, de ironías da vida, de encontros e desencontros. E de fondo sempre a necesidade dun traballo estable para sobrevivir... ou para comezar a vivir. Non, a vida non é doada, e así nola presentan neste cómic duro e realista, de reflexións e asperezas. Melancolía en estado puro.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
29/01/17
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario