Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

02/01/17

O desfile dos meses

Grazas ao Facebook de Marcos López Concepción:

En Betanzos, na igrexa de Santa María do Azougue, hai un calendario medieval en pedra que posúe tres características que o fan moi especial: Está nun capitel, nun só capitel continuo (non en dous ou tres), e ten TODOS os meses do ano (unicamente hai outro no mundo que se lle asemella, no palacio dos Dux en Venecia, que reúne esas tres condicións).
Esta xoia realizada entre 1380/1390 está dividida por un home de dúas facianas. Un deus Xano - Xaneiro-, que ten o control dos cambios de ciclo, do solsticio: Pasamos esas portas simbólicas confiando na forza da luz que crece e mingua.
Abaixo os debuxos de Alfredo Eiras que reinterpreta fermosamente este friso. #sitiosxurelos #artxurelo #debuxosxurelos

















Aquí hai máis información sobre o calendario de Betanzos, un artigo de Manuel Antonio Castiñeiras González "El desfile de los meses de Santa María do Azougue" publicado no Anuario Brigantino.

E un vídeo:

4 comentarios:

paideleo dixo...

Unha maravilla ben curiosa !.

Ronsel dixo...

Si que o é!

Elvira M. dixo...

Marabilla.Eses capiteis,que tesouros!!!

Elvira M. dixo...

É precioso e unha xoia!!!

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.