Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

04/02/17

A Solas

 A Solas de Idalia Candelas, publicado por Planeta, é un álbum ilustrado para adultas, para amosar que é posible, feliz e chea, unha vida en soidade. Só hai que se querer a un mesmo, a unha mesma. Cando iso se consegue, a satisfacción é plena. É a soidade sinónimo de tristura? Este libro deixa claro que todo o contrario, que é unha opción persoal de cadaquén. E iso, tendo que loitar contra unha sociedade que aínda sinala coa punta do dedo a quen así vive rexeitándoca como "un ser estraño ou insoportable". Loitando, unha vez máis, contra todo tipo de prexuízos, temos unha autora que elixe este estilo de vida sen se preocupar polo que dirán, todo un esforzo en pleno século XXI. Pero se o libro fala da muller, como a propia autora, podería ser protagonizado por un home. Porque a liberdade persoal de opción de vida é a que verdadeiramente importa.
Debuxos, ilustracións, que representan actividades cotiás da solteiría por convicción.



2 comentarios:

anxoboiro dixo...

Ao respecto de vivir so vin estes dias un documental do 2016 que me pareceu interesante "La teoría sueca del amor", neste enlace hai un artigo sobre o documental http://www.publico.es/culturas/suecia-caida-libre-hacia-aburrimiento.html
Saudos
Anxo

Ronsel dixo...

Moitas grazas, Anxo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.