Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

14/02/17

Feliz Feroz. O lobiño riquiño

Publica Xerais na súa colección Sopa de Libros este libro de El Hematocrítico con ilustracións de Alberto Vázquez: Feliz Feroz. O lobiño riquiño é a versión dada a volta da idea que temos dos lobos, pois tal como nos indica o título, o noso protagonista vai ser un lobo riquiñez, ou sexa, un animal tan bo e obediente que a súa propia familia avergóñase do seu proceder. Así que tentan reeducalo, para que se comporte como se agarda del, como un lobo feroz e malo que, por exemplo, comería a Carapuchiña de topala. Pero o noso protagonista non está polo labor, así que será o noso amigo dende a primeira páxina. Como non nos vai gustar este lobo tan humanamente tenro!!!
Unha auténtica louvanza do respecto á individualidade e o respecto a poder sermos diferentes.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.