Xoán Carlos Domínguez Alberte achégase ao público infantil publicando en Galaxia este poemario nomeado Versos para conversar, un libro sobre a importancia do diálogo, propoñendo ao lectorado diferentes voces líricas que xogan lingüísticamente con aquel, introducindo fantasía e recursos retóricos como onomatopeas e aliteracións que inciden nese papel da linguaxe como xogo, tan importante na poesía infantil. Asemade, existe unha pluralidade de elementos da natureza escollidos con coidado e agarimo, como tamén do mundo antropolóxico pleno de trabalinguas; un brinquedo constante dende o primeiro poema ata o último, onde a sonoridade e o optimismo agrúpanse para alentar na lectura dun libro que de seguro dará moito xogo nas escolas.
Ilustracións de Pablo Rosendo.Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
11/02/17
Versos para conversar
Atoparalo en Galaxia, Infancia, Lectura, Letras Galegas, Libros, Poesía, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario