El ilusionista amarillo, Nunca contentos, Buenas noches a todos, son os tres títulos que a editorial Niño ofrece de Bruno Munari. Este é considerado como o precursos do libro-obxecto e do libro-xogo; para el, os libros infantís daquela eran aburridos, polo que decidiu crear libros artísticos para que os nenos e nenas puidesen xogar e experimentar; Munari está considerado un xenio do deseño, da escultura, da pedagoxía, dos libros infantís. Pertenceu ás vangardas, adscribiuse ao Futurimos e fascináballe a modernidade e a tecnoloxía. El experimenta coa tipografía, a fotografía, collage... o seu traballo está cheo de innovación, provocación e talento.
Quizais estes tres libros agora non nos parezan novidosos, pero estamos falando do ano1945.
O primeiro título ofrécenos un truco de maxia que iremos descubrindo en cada páxina coas solapas que teremos que abrir.Quizais estes tres libros agora non nos parezan novidosos, pero estamos falando do ano1945.
O segundo son os soños de diferentes animais que pensan que as habilidades dos demais son mellores...
O terceiro amósanos como dormen algúns animais.
Sen comentarios
Publicar un comentario