Este preciosísimo libro de Gerbrand Bakker publicado por Rayo Verde titulado Los perales tienen la flor blanca é unha historia chea de tristura contada de xeito sinxelo e real sen grandes florituras. Unha historia que deixa un pouso ao rematar a lectura pola traxedia que con ela vivimos e que é capaz de saír da impresión das súas páxinas para cravar a dor no corazón. Unha traxedia persoal que se converte en familiar, que emociona, e que ademais ten a paticularidade de ofrecernos diferentes voces, ata a dun can nun determinado momento, algo que lle imprime orixinalidade e veracidade a un tempo. Non quero contar nada do argumento nin da traxedia que se vive, pero é que aínda é quen de achegarse a outra traxedia familiar, o abandono da nai, algo que marca tamén a profundidade das súas páxinas e que voa por riba de todo canto acontece; tanto, que semella que sexa necesario procurar unha solución. E iso porque non todo a ten, e quizais esa parte si, nunca se sabe.
E aínda por riba contado en poucas páxinas, un salaio de lectura que agradece a brevidade tan intensa que é capaz de agasallar.
Unha nova alfaia que vos recomendo vehementemente.
.
Sen comentarios
Publicar un comentario