Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

08/03/17

Os aforismos do riso futurista

Hoxe un pequeno grupo de alumnas tivo a inmensa sorte de recibir un obradoiro de escrita a cargo de Estíbaliz Espinosa, quen me recordou este libro que descansaba na mesiña de noite, lido a pequenos bocados, e do que non falara por aquí. Estou a falar d' Os aforismos do riso futurista publicado pola edidtorial Xerais e coordinado por Francisco Pillado e Xavier Seoane.
Os aforismos, esa sentenza breve, ten moito en común cos chíos que os novos tempos nos ofrecen. Estes que aquí se recollen teñen, asemade, outra característica, son pílulas de humor e de ironía que proveñen de corenta e oito voces da nosa Literatura. Tantas voces, por tanto, tan variadas, configuran un libro totalmente heteroxéneo que fala de todos cantos temas pode haber e tan diversos que resultan un galano para a intelixencia. Algúns convidarannos á reflexión, outros reprenderán a nosa actitude pasiva, outros provocarán sorrisos e outros abraiarannos pola súa estética.
Unha recomendación: lelo co lapis preto. Sempre xurdirá a necesidade de subliñar algunha frase que pretendereos prenda na nosa memoria.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.