A editorial Kalandraka traénos este poema que semella feito para ser cantado por Mariana Ruiz Johnson co título Polo camiño, un pequeno álbum para primeiros lectores en cartón: diferentes familias de animais van creando en cada páxina unha progresión aritmética que axuda, asemade a aprender os números, mentres cantamos uns versos octosílabos que nos sorprenderán polo destino final. O libro é unha explosión de colorido xunta unha aprendizaxe en si mesma: non só falamos de números, falamos de animais, de alimentos e de cores.
E todo isto, de xeito divertido.
Sen comentarios
Publicar un comentario