Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

03/03/17

Un camino de flores

Fermoso álbum ilustrado sen palabras que publica Libros del Zorro Rojo de JonArno Lawson con ilustracións de Sydney Smith: Un camino de flores reflexiona sobre a importancia daquilo ao que normalmente non llo damos, as cousas miúdas que adoitan pasar desapercibidas, os xestos que non vemos por cotiás, por amables... Ou tamén a importanci do grandioso mundo infantil que tantas veces ignoramos, pensando que "as cousas de adultos" son as que realmente importan...
 Un libro cheo de poesía que é narrada dun xeito visual á perfección conferindo cor e emoción en cada noca páxina.




Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.