Ismael Ramos é o autor de Os fillos da fame publicado por Xerais e galardoado co Premio Johán Carballeira de poesía no
2015. Poesía sorprendente case narrativa onde o mar, un mar lírico e profundo, é o protagonista indiscutible e ao mesmo tempo memoria de morte e de soidade. Por iso as palabras falan dende o máis profundo do océano, ese agocho que as persoas tentamos permaneza na memoria esquecida de nós. Polos seus versos pasea o amor, a morte, a vida, o misterio... todos os sentimentos cos que as ondas do mar fan subir e baixar as mareas.
Negar o azul é máis que nomealo. Non falarei do mar:
xa non se pode. Pero entón de que? O amor sucede nun
coche e case nin vemos o mar pola néboa pero está aí.
Case non hai pobo pero está aí. O amor é un corpo. O mar
é un corpo cheo de corpos que non poden falar. O amor
é un pobo que non pode falar.
Sen comentarios
Publicar un comentario