Na editorial Galaxia topamos este Sapos e sereas de Ana Cabaleiro, un libro de catro relatos (precedidos de catro citas) que recrean argumentos, contos, mitos, personaxes da literatura infantil e xuvenil, lugares case comúns que son transformados (en espazos galegos con chiscadelas a lugares coñecidos) e cuestionados, deitando á luz prexuízos establecidos para seren reescritos cunha perspectiva de xénero, que descobren prexuízos avalados pola tradición (literaria e social). E esta nova cara faise dende a ironía e o humor (permitindo distanciamento e multiperspectivismo) para lavar a face da sociedade patriarcal que só ofreceu un lado da lúa, sempre agochando unha meixela das caras que teñen dúas ben diferentes. Así, o libro ofrécenos unha viaxe por estereotipos e convencións sociais que debemos desbotar para suxerir reaccións ou reflexións, desexarnos por tanto unha nova viaxe que tire, literalmente, maletas pesadas que lastran o camiño para iniciar esa nova viaxe lixeiras de equipaxe.
En dous dos relatos a realidade é a protagonista, querendo destacar o terceiro, que fala de acoso.
O libro remata cun epílogo non narrativo que dá unidade aos relatos.
Sen comentarios
Publicar un comentario