En Libros del Zorro Rojo convídanos a maxinar o noso propio mundo con este álbum de Laura Carlin chamado inequivocamente Un mundo propio, ese que se afasta da realidade para ser máis fermoso, máis amable, máis habitable, máis amigable, máis imaxinativo, máis feliz. Non é tan difícil conseguilo, só temos que deixar voar o pensamento e colle un lapis para deseñalo. E para isto, pasearemos primeiro polo propio mundo da autora, que nolo amosa sen complexos. Así, utilizará diferente técnicas, dende a fotografía ata o collage. Só temos que nos poñer mans á obra. Non é tan difícil fuxir do gris para recorrer a aquela cor que queiramos. Chega con nolo propór.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
21/06/17
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario