Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

26/06/17

Videopoema

De todos os videopoemas que vén de realizar o meu alumnado quedo con este, de Helena Santalla e David de la Torre a partir dun texto de Estevo Creus:



Porque ti
tamén estabas enferma
dalgún xeito
coma a casa

miles de termómetros de febre
e de torturas

eu sabíao
sabíao polo tacto

non preguntes

sabíao por como respirabas
sabíao polas ondas e os outros arrecifes
sabíao por ti
e por min
e por como chorabamos abrazados despois de xogar a destruirnos.


inocentemente abrazados

ulindo a landras

abrazados coma un tigre.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.