Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

12/07/17

Caracol, onde estás?

Publica a editorial Kalandraka este clásico de Tomi Ungerer titulado Caracol, onde estás?, un libro que é en realidade un xogo, desta volta un xogo visual, moi axeitado para un lectorado moi novo, xa que ademais non contén case palabras. Así, páxina a páxina iremos procurando un caracol agochado, ou máis, porque a súa forma está en moitos máis lugares dos que a priori poderiamos supoñer. En cantos lugares podemos atopar unha espiral? E na natureza, onde están? E nas cousas que fabricamos? Xoguemos con este autor que utiliza cores intensas para xogar con nenos e nenas na procura dun caracol quen, xoguetón, fará acto de presenza na última folla.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.