Publica Blackie Books este álbum de Marta Altés titulado Pequeña en la jungla, un libro sobre as dificultades e as avantaxes que ten ser o máis pequeno da familia. Dado que a nosa pequena protagonista nunca pode realizar as mesmas tarefas canda os grandes, decide ser moi valente e expolar pola súa conta o bosque, sen ser consciente dos perigos aos que terá que enfrontarse, captados polo lectorado grazas ás ilustracións e o seu detallismo e ignorados por ela mesma, porque a valentía -máis ben a inconsciencia- non os deixa ver. Unha metáfora da vida cotiá que debemos vivir, ás veces, como arriscada aventura.
Un álbum para peques moi rico e sinxelo.
Sen comentarios
Publicar un comentario