Este cómic de Pénélope Bagieu que publica Dib-buks é deses libros imprescindibles en toda biblioteca escolar: Valerosas. Mujeres que solo hacen lo que ellas quieren tráenos quince historias protagonizadas por outras tantas mulleres que procuran a súa liberdade individual nunha loita contra a sociedade patriarcal; e faino a través dunha pequena biografía que se centra nisto que nos interesa. O mellor de todo, é que non son as típicas biografías de mulleres valorosas que estamos acostumadas a coñecer, non, algunhas coñecémolas pero outras é a primeira vez que as descubrimos, o que lle engade valor ao cómic. Por exemplo, Agnodice, xinecóloga grega vestida de home para exercer a medicina, ou Clémentine
Delait, muller barbuda.
O libro non só sobresae por isto, senón pola estética empregada, xa que entre historia e historia hai unha dobre páxina incriblemente fermosa.
Sen comentarios
Publicar un comentario