Publica Xerais este libro de Carles Cano con espléndidas ilustracións de Federico Delicado, O segredo do avó, Premio Lazarillo de Creación Literaria, 2016. Baixo a argucia dun avó cheo de maxinación que non dubida en entreter aos seus neto Miguel e á súa neta María con historias a partie de tres elementos que tope ao seu arredor fóra de lugar, o libro compila conco contos clásicos con vestidos populares ou mesmo con algún máis realistas ou surrealistas, pero con personaxes que poboan os contos de sempre, con reis, magas ou piratas, e por suposto con humor e sorpresas, base principal para fornear. E Carles Cano sabe os mesturar ingredientes. Queda claro.
Unha gozosa homenaxe á capacidade de fabulación, coido que aos nosos ás nosas contacontos, porque me fixo lembrar ao meu veciño e amigo Celso Fernández Sanmartín que procura sempra a sabedoría dos maiores e a comunicación interxeracional mentres nos atrapa coas súas narracións.
Sen comentarios
Publicar un comentario