Un pracer inmenso poder ler Pippi Mediaslongas na nosa lingua, grazas á editorial Kalandraka, o clásico de Astrid Lindgren. Imposible non volver á infancia con esta lectura, rememorando tantas horas de admiración por esta nena libre e extravagante que nos marcou dende o primeiro momento, con envexa por poder ser quen ela quería realmente. Tela agora nesta edición é un luxo porque sempre provoca ledicia poder volver á infancia, rememorar aquela serie que nos mantiña pegadas á televisión e percorrer agora a narración na nosa lingua mesmo coas ilustracións orixinais.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
12/10/17
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
1 comentario:
Orgullosa de que David de inmensa formacion filoloxica, calidade humana e agarimo pola lingua galega conseguira que lle publicaran a sua traduccion
Publicar un comentario