Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/12/17

O lapis máxico de Malala

O lapis máxico de Malala, de Malala Yousafzai, con ilustracións de Kerascoët , na nosa lingua grazas á editorial Xerais: cando un lapis máxico se converte nun de verdade para escribir un mundo novo. Constitúe unha boa iniciativa este álbum para dar a coñecer a figura de Malala á rapazallada máis nova, esa que non sabe que lle aconteceu a unha nena por querer ir á escola, esa que fala das dificultades que nalgúns países existe para aprender (e pensar doutro xeito, por tanto) e a marabillosa sorte que aquí temos por poder ir á escola con normalidade, algo infravalorado por non cuestionarse sequera. Así que o lectorado máis novoa ten NA NOSA LINGUA a historia dunha Premio Nobel da Paz que vén de se converter unha icona internacional pola súa defensa da educación. Asemade, Malala é portadora de esperanza. Unha nena en Pakistán que quere ter un lapis máxico para deter o tempo... que se converte nun lapis de verdade que escribe e desafía e que é quen de chegar a todo o mundo.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.