Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

10/12/17

Sopa de polo con arroz

Segue a editorial Kalandraka a nos traer as pequenas alfaias que Maurice Sendak escribiu alá polos anos 60. Sopa de polo con arroz. Libro dos meses, segundo indica o subtítulo, é un divertido almanaque, un poema rápido e trasto que nos trae os doce meses do ano en pequenas estrofas, poemas pequechos con finais repetitivos e fantásticos propicios para o xogo, que ademais están acompañados pola súa particular ilustración. Así que estamos ante unha lectura divertida que ao mesmo tempo nos indica como un neno vén de atopar -que sorte!- a mellor sopa que para el se inventou: a sopa de polo con arro; por iso, calquera mes de ano é perfecto para tomala.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.