Gustoume este nova proposta de Margaret Atwood que publica Salamandra: Alias Grace, un libro duro que se basea na vida dura que deben vivir algunhas persoas no século XIX, sen tempo para a compaixón nin para mirar para outro lado. Un libro que ás veces nos deixa sen palabras: estas xa as pon ela. Baseándose en feitos reais. E sen ser un libro de lectura doada, xa que o seu ritmo é lento, por veces demasiado pausado.
Dúas voces e dúas vidas opostas, diferentes. Porén, vainos interesar moito máis a vida dela, da coprotagonista, cando é ela quen fala e nos confunde: amosa frialdade, incapaz de sentir? Como é ela en realidade? É a maldade máis pura a que manda no corazón de Grace ou é inocente e tan só un produto triste das desigualdades sociais?
E queremos sabelo. Imposible fuxir dese desexo. Con ela iremos tecendo, literalmente, como ela, e iremos reconstruíndo de xeito fascinado a súa historia, como fai o doutor. Arredor, unha fotografía exacta da sociedade daquela época, as clases sociais, as desigualdades, os prexuízos, as modas. Un espello que nos devolve a desvergoña social, a hipocrisía, o feito de gardas as aparencias en favor do puritanismo e a relixión. E por suposto, o amor polo sensacionalismo barato (Agora mesmo podemos falar do pouco que temos avanzado neste campo). Asemade, unha crítica exacerbada contra o machismo daquel momento, cando unha muller tiña calquera cousa difícile, e máis se es unha criada nova e fráxil.

Cumprirase o noso desexo de saber? Será a autora quen de cumprir as nosas expectativas? Ou nunha decidida aposta permítese xogar connosco para que esa acción deite a dúbida nas nosas mentes? Será esa dúbida eterna para resolvermos nós quen é Grace?
Sen comentarios
Publicar un comentario