Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/01/18

Por que?

Magnífico este álbum sen palabras que nos trae Kalandraka: Por que? de Nikolai Popov. Todo comeza cunha ra que ten unha flor. Pero hai un rato que tamén a quere. Ambos piden axuda aos amigos e comeza unha batalla feroz. O final, presupoñémolo. Pero... por que?  Son as únicas palabras, porque non cómpre ningunha máis, as ilustracións dino todo, convídannos a reflexionar sobre o comportamento dos humanos e asemade convídannos a desexar a paz. Unhas ilustracións que pasan do humor á traxedia en cada páxina.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.