Cando unha persoa abre este libro non é quen de deixar de exclamar ante tanta beleza: é unha pasada. Prodigios. Una antología de poesías árabes, ilustrado por Rachid Koraïchi con prólogo de Pedro Martínez Montávez é un deses libros que publica Libros del Zorro Rojo que son unha verdadeira alfaia, unha combinación de poesía e de imaxe que resulta unha experiencia de paixón, de pescuda das voces diferentes que temos neste libro, voces que veñen de lonxe no tempo e de máis preto. 52 poetas que falan de temas universais: Zaydún Ibn Ibn Arabi e Ibn Quzman; Anna Greka Mahmud Darwish, Adonis e Nizar Qabbani.
Pero non só: asemade temos contextualizados os poetas historica e literariamente.
O dito: unha alfaia
Sen comentarios
Publicar un comentario