Un libro Sin fronteras de Imapla que publica Libros del Zorro Rojo. Un libro xogo que axuda a crear un mundo sen límites, un mundo novo, un mundo máis divertido e máis aberto que o que temos. Porque este libro ofrece a posibilidade de facer fusións que antes criamos imposiblres. Porque un mundo que non presuma de fronteiras, nin de muros, sería mellor. E ese é o que temos entre as mans. Unha mestura de barreiras e estandartes que baixo o nome de bandeiras conducen a atrocidades. E así paseamos cun sorriso con todas as propostas que este libro nos fai. Mesmo poderemos debuxar novas bandeiras, esas si, as que non pechan corazóns.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
27/01/18
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario