Celia e Gloria Rico escriben e ilustran este álbum publicado por Beascoa baixo o título Celia se aburre, merecente do Premio Boolino Álbum Ilustrado 2017, un álbum en verso que vén a ser unha cura contra o aburrimento de calquera neno ou nena e que asemade fala do amor pola natureza. Porque non son as persoas maiores as que deben entreter ás persoas miúdas, senón que son elas mesmas as que deben procurar unha cura alternativa cando xa nada as convence. E para iso, chega con observar canto hai en derredor, canto se pode gozar da natureza e cantas opcións esta nos agasalla. Só hai que darlles unha oportunidade.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
12/02/18
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario