Mindhunter. Cazador de mentes, de John Douglas e Mark Olshaker, publicado por Crítica, baséase en feitos reais e é a historia contada polo propio protagonista de como comezou a estudar as mentes dos criminais en serie. O libro está arestora de moda pola serie, un deses casos nos que o libro coñécese grazas á televisión ou ao cine. O autor é un ex-axente do FBI pioneiro en realizar perfís criminais, patróns de conduta que poden ser útiles para deter novos criminais. Estamos ante un novo xeito de traballar, polo que tamén pasearemos nas súas páxinas por un FBI diferente que vai evoluíndo pouco a pouco. Os estudos sobre os que se basea o autor e protagonista chega a facerse a máis de cen vítimas, así que todos os capítulos son casos reais, con entrevistas a asasinos e con moita información (demasiada e ás veces repetitiva). Asemade, fala de casos sen resolver e de como el tentou axudar na súa resolución. O último capítulo, o mellor, lémbranos de que na vida real non hai un heroe que salve as vítimas, senón que estas existen, e que o malo é realmente malo, e actúa impunemente, cando menos durante un tempo.
Non é unha novela negra, pero seméllao en moitas páxinas. É unha lectura de criminoloxía. Ou de psicoloxía. Ás veces pesada pero interesante.
En canto á serie, déixovos as palabras que deitoue Miguel Anxo Fernández no seu Facebook. É un experto, así que podedes facerlle caso:
Non é unha novela negra, pero seméllao en moitas páxinas. É unha lectura de criminoloxía. Ou de psicoloxía. Ás veces pesada pero interesante.
En canto á serie, déixovos as palabras que deitoue Miguel Anxo Fernández no seu Facebook. É un experto, así que podedes facerlle caso:
Dez capítulos, puro cine. Obra mestra sabendo ben o trivializadas que están esas palabras. É así porque vivin sensacións que nunca vivira cunha serie "criminal". Os guions, maxistrais, parten do libro homónimo publicado en 1995 polo axente especial do FBI, John Douglas, xunto a Mark Olshaker, realizador televisivo e autor de non ficción. Moito diálogo intelixente, nada de sangue, apenas violencia física (pero si fortes descargas emocionais), tensionada, sobre a base dos perfiles analizados por Douglas durante vinte e cinco anos, axudando a resolver os casos máis difíciles no espectro criminal estadounidense. Ademais, Douglas (que con outro nome, encarna cunha eficacia sorprendente Jonathan Groff, facendo parella con Holt McCallany, igualmente espléndido) entrevistou e analizou mentes de asasinos en serie como David Berkowitz, Edmund Kemper (por certo, un sorprendente Cameron Britton, carne de premio), Thomas Vanda, Charles Manson... Pero a man de David Fincher non se aprecia só no seu peculiar tempo narrativo (o de ZODIAC, sobre todo; o de SEVEN, máis lonxe); na atmósfera (dirixiu catro dos dez capítulos) e no encadramento do plano; tamén da dirección de Arte, de matrícula de honra (¡que coidada ambientación: vestiario, peiteados, coches, interiores, luces, cores...!). Como non podía ser menos, Neflix ven de anunciar unha segunda temporada que debería chegar a finais deste ano ou no próximo.
Sen dúbida pasará ao Olimpo da ficción televisiva.
Sen comentarios
Publicar un comentario