Volve Anxo Fariña e volven Os Megatoxos da man de Xerais. Desta volta, o título que temos entre as mans é Os Megatoxos e a batalla de Rande, para así coñecer a batalla que tivo lugar o
23 de outubro de 1702 nas augas da ría de Vigo. Arredor desta batalla, os nosos protagonistas Ruxe, Faísca,
Ninfa, Lúa e os xemelgos vivirán novas aventuras que xirarán, unha vez máis, arredor da amizade e que terán como pano de fondo o amor, algo que semella que mesmo podería cambiar mudar a historia. Ou non? O que si queda claro é que esa palabra que tanto usamos, ese sentimento que tanto nos emociona, ás veces require sacrificios que sen existir sería impensable. Darredor, loitas, tesouros, batallas, canóns, galeóns, e un divertimento literario, o que supón ler unhas páxinas dirixidas a rapaces e rapazas dunha franxa de idade que ama a aventura por riba de todo. Cos Megatoxos teñen ese gusto concedido.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
05/02/18
Os Megatoxos e a batalla de Rande
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Sen comentarios
Publicar un comentario