Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

19/02/18

Son muller

 8 mulleres, 8 voces, 8 de marzo:
A Deputación da Coruña celebra o Día Internacional das Mulleres cun proxecto que pon en común a creatividade de oito das máis recoñecidas voces da nosa música. Uxía, Pilocha, Alba María, Belem Tajes, Ugia Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey, voces de diferentes xeracións e estilos, únense, convidadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña, nun tema musical que busca celebrar desde o orgullo, a vindicación, a emoción e a vontade de loitar e de avanzar na igualdade de xénero, para unha sociedade máis xusta e mellor.

 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.