Volvín enganchar a lectura con este libro de Ian Manook publicado por Salamandra na súa colección "Black": Yeruldelgger. Tiempos salvajes, novo libro desta saga que xa me gustara cando me achegara á súa primeira entrega. Volvo a viaxar a unha terra totalmente descoñecida para min e descubrir unha historia que non coñezo, a dun país cheo de contrastes, de contaminación, de mafias, de corrupción, de paisaxes desérticas e de cidades frías. As fronteiras do país tamén teñen moito que dicir, xa que as potencias Rusia e China xogan con barallas corruptas. Asemade, saltamos ata Francia para tecer unha rede de delincuencia que foxe de clases sociais.
Así pois, a tensión da novela vén dada máis pola corrupción a nivel case mundial que pola propia investigación, pola veracidade con que é tratada a historia e pola forza dos personaxes principais. Adubiado, claro está, de moitos crimes, enganos, abusos e dun ritmo frenético que nos leva por lugares xeados e nevados que nos fan abrigar baixo unha manta e que nos retén na lectura para cativarnos.
Si, gústame a novela negra, pero o que máis me gusta deste libro é Mongolia, como xa ocorría no primeiro. O exotismo deste país, os nómades, o chamáns, a estepa mortal do inverno, o glosario final. De contraste, esas feas cidades que nos describe, Ulán Bator con edificios postsoviéticos e construcións ultramodernas, pero sobre todo con moita contaminación (aseguran que é a segunda cidade máis contaminada do mundo)

Sen comentarios
Publicar un comentario