“O Legado”, video de promoción turística do concello de Carnota que
mesmo antes de facerse público xa recibiu o segundo premio na categoría
de rexións no festival de audiovisual turístico The Golden City Gate,
celebrado o pasado sábado en Berlín. Uns galardóns considerados os
premios audiovisuais máis prestixiosos a nivel mundial dentro da
industria do turismo.
”O Legado” forma parte da nova campaña #Carnotaétúa.
Desenvolto por Aba Films e a dirección de Marcos Gallego, co guión de
Manuel de Lorenzo, ten música de Caxade, e a voz en off do famoso actos
Luis Iglesia. Os intérpretes son Alberto Riveiro (Marco), Nicola Luvie
(Ulrika), Ayla Ru Ponsnford (Max).
Conta a historia de “Marco, emigrante galego no norte de Europa,
regresa a Carnota logo da morte do seu avó. Este deixoulle untestamento
no que relata o seu emocionante e sorprendente legado”.
Visto aquí
Sen comentarios
Publicar un comentario