Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

13/03/18

Escaquis e Romeu

Gocei moito coa lectura deste Escaquis e Romeu de Antonio Manuel Fraga, publicado por Xerais con ilustracións de Jacobo Fernández Serrano (unhas ilustracións que conquistan dende a portada posto que o protagonista principal é presentado moi semellante a Agustín Fernández Paz: como non querer xa este personaxe???. Ilustracións que ademais resultas moi expresivas) Goceino porque é un conto dos de verdade, un conto de aventuras e de misterio, dos que fan soñar e sorrir ao mesmo tempo, porque mestura realidade e fantasía realizando unha loanza xenerosa da amizade e a lealdade, e contén a dose xusta de ambos para que o equilibrio permaneza, mentres que a fantasía serve para tomarlle o pulso á identidade das persoas: quen somos e que queremos ser. A súa forza reside na necesidade de construírmos un mundo máis xusto, un mundo mellor onde non existe o racismo nin o mercantilismo, e que asemade rexeita a malediciencia. Será precisamente grazas á parte fantástica cando poidamos valorar o que facemos e a meta que poidamos marcarnos, na procura dun mundo mellor.


Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.