Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

11/03/18

Invisibles

A miña alumna de 3º de ESO, Ánxela Adán Sangiao,  le Invisibles de Montse Fajardo e deita esta súa reflexión;


"Invisibles", de Montse Fajardo, é un libro que reúne sete historias de maltrato machista contadas por Eva, Mariluz, Tina, Ana, Irene, Marga e Begoña. Son experiencias reais que estas mulleres sufriron ou viron dende cerca, dende violencia emocional ata verbal ou física e con finais máis ou menos felices.
Este libro sen ningunha dúbida fíxome preguntarme en que mundo vivo máis de vinte veces, e chorar outras tantas. Exprésase dunha forma que me fixo sentir cercana ás mulleres que o contaban case como unha amiga, pero nunca sendo consciente de que as cousas que conta pasaron de verdade, ata que as investigaba.
É un libro que non se me fixo longo xa que está escrito dunha forma bastante lixeira para min, suficientes diálogos e suficiente descrición, e, por suposto, os pensamentos das protagonistas son moi interesantes para que os leamos e nos fagan cavilar un pouco máis, se cabe.
En conclusión, este libro quedarase bastante gravado nos meus recordos, pola súa sinceridade, polas súas historias, porque é un dos tres únicos libros que lin ata o de aquí que me fixeron chorar e este conseguiuno sen unha soola imaxe, cousa que eu cría imposible.

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.