A tenrura de Antonio Ventura desprégase neste álbum ilustrado por Alejandra Estrada que vén de publicar kalandraka: Nina e Antón é un diálogo entre unha nena e o seu gato onde o protagonismo adquíreo o libro, o libro como fonte e como ponte, o libro como diversión e como identificación. Estamos dentro dese libro? O gato é quen de se converter nun personaxe del?
O feito de ser o libro protagonista lévanos a pensar se é un libro calquera ou non. E non, non o é. A nena, Nina, está a ler "Ernesto e Celestina" (en galego grazas a Kalandraka), fonte de inspiración para este libro tanto no texto como na ilustración. Texto e ilustración que se apertan nun mundo máxico de letras e páxinas polas que pasear.
Sen comentarios
Publicar un comentario