Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/03/18

Segredos no Solpor

Iria Misa traénos en Segredos no Solpor publicado por Xerais unha historia de fácil lectura que engancha e estou segura gustará ao meu alumnado de 3º da ESO, unha historia que mestura o amor, o misterio e a violencia de xénero. A protatonista é unha moza afouta que arrisca para asegurarse de facer o correcto, unha moza que se equivoca e que cae, pero tamén unha moza que sabe levantarse cando comete erros e sabe que a miran mal con razón. Non todo é perfecto porque a realidade non o é. Saber aprender dos erros e seguir adiante é o que nos ensina a protagonista, quen a pesar de todo canto acontece sabe pedir perdón e sabe cal é a verdadeira xustiza dunha sociedade que ten moito que cambiar.
As relacións homosexuais prohibidas, a violencia de xénero agochada, o amor, os rollos de verán, os amigos violentos, as noites de verbena son os temas polos que paseamos nunha proposta xuvenil onde a autora tece un mundo nada afastado da realidade. 

Sen comentarios

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.